Archivos de Octubre 2009

Maestro en el trastero

Enviado por Quique el 27 Octubre 2009 en General

EL tío es tan malo tocando que lo guardan en el trastero

Si quieres puede darte unas clases

De Finisterre á Paz Mundial

Enviado por Quique el 21 Octubre 2009 en General

< Adhesionate á Marcha Mundial

A NOSA GAITA na MARCHA MUNDIALXa chegou

GALICIA
Do 25 de Outubro ó 3 de Novembro

Domingo 25 Outubro

 

Fisterra:
9:00h Acto no Faro de Fisterra. Un grupo dunhas 50 persoas chegarán de distintos puntos de Galicia e Portugal. Patricia Cela entregará a Gaita a Fran Gomez Pallas que a levará ata Santiago. O concello de Fisterra estará presente e un grupo de Gaiteiros acompañará co as suas gaitas e tocarán a Gaita Peregrina e migrante, recollendo o ar, o vento, o abafo do fin da Tierra pra que soe en moitos lugares.
Entregaránse äs autoridades do Concello 4 documentos:
- Manifesto da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia
- Carta dos Premios Nobel da Paz: Carta pra un Mundo sen Violencia, petición que fixeron os Nobel para presentar a organizacións e institucións que se adhiran a ela e que recibirán estas adhesións na reunión que teñen o 11 de Novembro en Berlin na que a Marcha estará presente nunha conferencia sobre da Non Violencia.
- Carta de Alcaldes pola Paz, do Alcalde de Hirosima para reunión do mes de Maio 2010 sobre o Desarme.
- Documento sobre da Non Violencia Dito fai 40 anos.
Negreira
Acto na praza do Concello, si chove farase na Casa de Cultura. Entrega de Documentos o Alcalde. Un Gaiteiro de Negreira tocará a Gaita.
Santiago:
Acto no Teatro Principal, haberá intervención de poetas y poetisas, músicos, contacontos, intervencións de organizacións e de instituciones, Gaita Peregrina tocada por un gaiteiro. Entrega ás autoridades dos documentos, entrega da Gaita para levala a A Coruña.
A Coruña:
Festa da Diversidade Cultural. Na Praza de Pontevedra a partir das 18 h. con stands
PROGRAMA (provisional) FESTA da DIVERSIDADE
18:00 Presentador: encuadre festa
18:05 Sonido Vídeo “Estamos enamorados de una palabra”
18:10 Carolina e Aparicio
18:25 Intervención representantes municipais
18:30 Intervención Equipo Base, entrega documentos
18:35 Jose Pájaro
18:50 Bolivianos
19:05 Jacobo
19:20 David Cristian
19:35 Hugo Torreiro
19:50 Grupo S.C.R.D. Dorneda. GAITA PEREGRINA
20:30 Vídeo “Estamos enamorados de una palabra”
20:35 Tango
20:50 Vídeo “Adhesiones”
20:55 CÍRCULO POR LA PAZ, manifesto da Marcha Mundial
21:00 Senegaleses
21:10 César de Centi
21:20 Grupo Hip-Hop Baile e fin de festa.

Luns 26 Outubro

Oza dos Ríos
Distintas actividades, Gaita Peregrina, entrega de Documentos as Autoridades.

Martes 27 Outubro

Ferrol
Pendente Confirmación

Mércores 28 Outubro

Foz
Actividades diversas, Gaita Peregrina, Entrega de Documentos as Autoridades.

Xoves 29 Outubro

Lugo
Entrega de Documentos, pendente confirmación do acto.

Venres 30 Outubro

Ourense
Entrega Documentos as Autoridades, actos sen confirmar.
Allariz
Diversas actividades, entrega de documentos a autoridades, Gaita Peregrina

Sábado 31 Outubro

Vigo
Roda de prensa, entrega de documentos.

Martes 3 Novembro

Tui
Distintas actividades e despedida da ruta hacia Portugal.

PORTUGAL
Do 3 ó 13 de Novembro

Valença – Viana do Castelo – Braga – Guimaraes – Famalicao – Porto – Aveiro – Vouzela – Viseu – Coimbra – Lisboa

ESPAÑA

 Sábado 14 Noviembre

Madrid. Recibimiento del Equipo Base Internacional, diversidad de eventos y encuentro de las distintas delegaciones a nivel nacional. Gaita Peregrina.

Domingo 15 Noviembre

Toledo. Parque Toledo. Encuentro entre diversas espiritualidades. .

Celebración Quenqueira

Enviado por Quique el 21 Octubre 2009 en General

Adhesionate á Marcha Mundial

VEN A DISFRUTAR DA FESTASoportais Teatro Rosalía

CANCELADO

Co motivo da Marcha Mundial pola Paz e a Non-Violencia , decidimos apoia-la “Ruta Galego-Portuguesa” organizando un pequeno evento na rúa o día anterior á sua saida dende Finisterre, así moita xente á que non lle chegou a información sobre a existencia da Marcha, atoparase con nos e será informado e animado a participar na Festa da Diversidade que se celebrará o día 25 coincidindo co paso da Marcha pola Coruña.
(ainda agardamos por algunha confirmación tanto do Concello e dos participantes)
18:30h presentación do evento. Qué imos a facer e por qué.
18:45h agardamos ó colectivo DiVersos, para que nos lean unhas letras.
19:30h presentación da Marcha na sua Ruta Galego-Portuguesa
20:00h músicos pola paz:
- Isla. (dende o Brasil)
- Xurxo Mares. http://www.myspace.com/xurxomares
- Robins Band. http://www.myspace.com/therobinsproject
- Hugo Torreiro. http://www.myspace.com/hugotorreiro
- Cristian David. http://www.myspace.com/crisdavidt
- Fresquiños. http://www.myspace.com/fresquinos
- Felix Arias. http://www.myspace.com/felixarias
- Silvia Penide. http://www.myspace.com/silviapenide
- Cesar de Centi. http://www.myspace.com/cesardecenti
- Robert. http://www.myspace.com/robertylosmuchachicha
- Javi Pazos. (compoñente de “el Tambor de Arena”)
Seguro que coñecedes a varios dos participantes, pero deixo os enlaces ás web, esperamos que poidades acudir tod@s.

Ruta Galego-Portuguesa

Enviado por Quique el 12 Octubre 2009 en General

Adhesionate á Marcha Mundial
A NOSA GAITA na MARCHA MUNDIALGaita pola paz e a non-violencia
A Gaita Galega que peregrinará dende Galicia polo mundo, é unha homenaxe a todo-los migrantes, un canto galego á diversidade, á solidariedade entre os pobos, á Paz e á Non-Violencia.
A Gaita está a ser creada por Patricia Cela , muller artesá galega, da Escola de Antón Curral, que doa o seu traballo á Marcha Mundial
A Gaita acompañará a Ruta Galego-Portuguesa da Marcha Mundial desde o seu inicio en Fisterra da man de Fran Gómez Pallas e acompañará ao Equipo Base percorrendo pobos e cidades de Galicia e Portugal. En cada lugar un gaiteiro faraa soar.
Chegará a Madrid, de mans do Equipo Base Galego-Portugués e será entregada ao Equipo Base Internacional pra que a leve pola ruta mundial e soe no resto do mundo.
Chegará o 2 de Xaneiro a Punta de Vacas, Arxentina, onde será interpretada por un emigrante galego. Alí en Los Andes, ao pé do Monte Aconcagua finalizará o seu percorrido coa Marcha, transmitindo co seu son o canto da alma galega pola Paz e a Non-Violencia.

Contribúe á iniciativa da Gaita co teu donativo


Tamén podes facer o teu achegue mediante transferencia ou ingreso nesta conta

Titular da Conta: Asociación Agra Humanista
Nome do Banco: Caixanova:
Dirección: Avda. Finisterre, 260. 15010 – A Coruña (España)
Código IBAN:es60 2080 0488 6900 0011 4964
Código BIC: CAVIES2V

Próximos de David Taboada

Enviado por Quique el 12 Octubre 2009 en General

EnlaceDAVID TABOADA
DAVID TABOADA
DAVID TABOADA
24/25 de Outubro – Radio Galega
Entrevista-concerto no programa “Quedamos na Galega” 02:00h.
Podes escoitalo en http://www.crtvg.es/, sección Radio Galega.
7 de Novembro – Lugo
DT grupo en Doble Moral (Aniversario do disco e concierto nº100)
Disco TAL CUAL

Avante toda

Enviado por Quique el 9 Octubre 2009 en General

MARCHA MUNDIAL POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
 ESTAMOS EN MARCHA

Mais de 12.000 alumnos de entre 10 y 15 anos de edad participaron na formación dun símbolo xigante no interior do estadio olímpico de Lucena, entre a música e os berros dos propios nenos con miles de bandas color laranxa; o público formado por ONG comprometidas coa paz e os dereitos da muller, por los membros do Equipo base da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia e persoalidades políticas, así como a rama rexional da Cruz Bermella, grupos culturais y artistas, embargados pola emoción non puideron conte-las lágrimas.

Webs de interese
Ruta Galego-Portuguesa
Web España
Web Internacional

Reggaliza

Enviado por Quique el 7 Octubre 2009 en General

Reggaliza

Reggaliza

Jacobo pasounolas novas datas de Reggaliza
Paz!!!

Data:8 y 23 oct 2009
Hora:23:55
Prezo:De Balde
Lugar:Ola Green

Data:9 oct 2009
Hora:21:00
Prezo:De Balde
Lugar:Propolis, C/Barcelona 115

Capitan Morgan

Enviado por Quique el 6 Octubre 2009 en General

Capitan Morgan

Capitan Morgan

Data:8 oct 2009
Hora:22:30
Prezo:De Balde
Lugar:Forum Celtico O Burgo A Coruña.
Último concerto do 2009 na coruña da banda antes de poñerse a preparar o próximo LP.

Máis Info:http://www.capitanmorgan.org/

Homenaxe a Antonio Vega

Enviado por Quique el 5 Octubre 2009 en General

Homenaxe a Antonio Vega

Homenaje a Antonio Vega

Entrada:3 Euros

Este venres 9 de Outubro, as 22:30h terá lugar no Pub Garufa de A Coruña unha homenaxe o malogrado Antonio Vega ex lider do grupo Nacha Pop.
Nesta homenaxe participarán cantautores de toda Galicia como: Xurxo Mares, César de Centi, Paris Joel, Marcos Mella, José Luis Paz, Nando Deibe, Carlos Bau, David Taboada, Fátima Baña o Carlos Sampedro.
Temas como “Lucha de Gigantes”, “Se dejaba llevar” o “La chica de ayer” soarán nesta homenaxe que se suma os milleiros que se están a facer o gran Antonio Vega por todala xeografía nacional.



Máis info:
www.parisjoel.com

bROTHERS iN bAND

Enviado por Quique el 5 Octubre 2009 en General

bROTHERS iN bAND - tRIBUTO dIRE sTRAITS

bROTHERS iN bAND – tRIBUTO dIRE sTRAITS

Data:6 oct 2009
Hora:22:00
Prezo:De Balde
Plaza Azcárraga A Coruña, Coruña

Máis Info:http://www.myspace.com/brothersinband